Queres colaborar?

Dende o seu inicio, o proxecto da Cabeciña foi un proxecto de Arqueoloxía en Comunidade, aberto e participativo.

A axuda dos veciños e xente vinda de distintos lugares do mundo foi fundamental para facer posible este proxecto, creando unha comunidade internacional en torno á Cabeciña.

Dende 2014, A Cabeciña está ligada a organismos e institucións estranxeiras como o National Trust a Fundación Pro Corda ou o proxecto de Leiston Abbey, co que está irmandado.

Se queres unirte a esta comunidade internacional, ponte en contacto con nós. As formas de colaboración son múltiples. Podes axudarnos cos traballos arqueolóxicos ou aportando ao proxecto as túas diversas habilidades e coñecementos. Non dubides, contáctanos e cóntanos como che gustaría colaborar (info@proxectomougas.net)!