Os principais medios da zona fanse eco da celebración da Festa da Cervexa da Cabeciña.

Noticia completa en Baionatv

Noticia completa en Infomiño

Noticia completa en Telemariñas

Noticia completa en Infogauda

2015-05-28 20.04.24

Dentro do programa de actividades culturais do Proxecto Mougás, o vindeiro sábado 6 de Xuño terá lugar a I Festa da Cervexa Artesá da Cabeciña. O evento terá lugar durante o día, a partires das 12:00 e ata as 19:00 no complexo arqueolóxico da Cabeciña. O obxectivo é “dinamizar a Cabeciña, dála a coñecer á xente ao tempo que demostramos que un castro tamén pode ser un espazo público no século XXI para a celebración de eventos culturais”. […] Ademais, ao día seguinte, domingo 7 de xuño, celébrase o Curro de Torroña, polo que resulta unha fin de semana intensa e chea de actividades. Unha ocasión única para achegarse a coñecer a zona.

Para a xente que veña de fóra, hai opcións de durmida ao pé do castro a prezos moi económicos tanto no Hotel Peñasco, Cámping O Muíño, Albergue Aguncheiro ou Cámping Mougás.