O pasado sábado, durante o acto de inauguración das novas salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra presentouse a nova fase do proxecto para actuar sobre 23 castros da provincia de Pontevedra. Trátase dun proxecto conxunto entre Deputación de Pontevedra e Ministerio de Fomento. Dentro da lista de 23 castros, incluíuse o castro da Cabeciña. Agora os técnicos e autoridades competentes deberán establecer cales serán as medidas a adoptar en cada un dos xacementos.

Sinatura do documento entre a Ministra de Fomento, Ana Pastor e o Presidente Provincial, Rafael Louzán // Diario de Pontevedra

Sinatura do documento entre a Ministra de Fomento, Ana Pastor e o Presidente Provincial, Rafael Louzán // Diario de Pontevedra

 

Sen dúbida, o feito de que A Cabeciña estea incluída nesta lista supón un fito dentro da evolución do Proxecto Mougás e da xestión do xacemento da Cabeciña. A lectura que se debe facer é a evolución do proxecto de abaixo a arriba.

É dicir, o proxecto xurde dunha comunidade que quere poñer en valor o seu castro a través da súa Comunidade de Montes e co traballo de afeccionados e expertos locais. Vai sumando apoios institucionais como o da Escola de Restauración de Pontevedra e do Concello de Oia. Nun seguinte paso, a Deputación de Pontevedra entra no proxecto aportando un equipo técnico que permiten desenvolver as primeiras tarefas de escavación no xacemento.

Agora o proxecto da Cabeciña entra nun plan do Ministerio de Fomento. Ademais, en breve prazo anunciaremos unha serie de convenios e sociedades con outras institucións e proxectos tanto nacionais como internacionais.

Un dos factores importantes en todo isto é que a Comunidade de Montes de Mougás, como célula de xestión máis próxima ao xacemento e aos veciños, non deixa de apoiar e participar no proxecto. Este feito asegura unha dirección tomada, unha folla de ruta e unha estratexia na xestión e, sobre todo, que os traballos na Cabeciña, incardinen cos outros elementos do Proxecto Mougás: xestión forestal sostible, recuperación da tradición e creación dun recurso turístico

De abaixo a arriba. Do particular ao universal. Pensa global, actúa local.

En La Voz de Galicia:

“En un plazo de cuatro años, los 23 castros más importantes de la provincia,[…] tendrán un nuevo aspecto más acorde con su valor histórico y su potencial turístico. El presidente de la Diputación, Rafael Louzán, y la ministra de Fomento, Ana Pastor, firmaron ayer el protocolo de colaboración que permitirá invertir 6,5 millones de euros en lo que se definió como «la puesta de largo» de los asentamientos galaico romanos pontevedreses.

El presidente provincial explicó que no se aplicará el mismo procedimiento a todos, sino que cada castro tendrá su plan adaptado a las necesidades de cada caso.”

Ana Pastor acompañada de Louzán e varios alcaldesdiante da Pía de Mougás // Rafa Vázquez

Ana Pastor acompañada de Louzán e varios alcaldesdiante da Pía de Mougás // Rafa Vázquez

 

 

En Infomiño:

LISTADO YACIMIENTOS GALAICO-ROMANOS A INTERVENIR CON EL MINISTERIO DE FOMENTO:
01 IGREXA VELLA (VALGA)
02 CASTROLANDÍN (CUNTIS)
03 CASTRO DE ALOBRE (VILAGARCÍA DE AROUSA)
04 MONTE DO CASTRO (RIBADUMIA)
05 ADRO VELLO (O GROVE)
06 ALTO DA CRUZ DO CASTRO (COTOBADE)
07 A LANZADA (SANXENXO)
08 MERCADO DOS MOUROS (VALGA)
09 CASTRO DE A SUBIDÁ (MARÍN)
10 CASTRO DE FACHO DE DONÓN (CANGAS)
11 PORTA DE ARCOS (RODEIRO)
12 A CABECIÑA (OIA)
13 CASTRO DE TROÑA (PONTEAREAS)
14 CASTRO DE TORROSO (MOS)
15 COTO DE ALTAMIRA (AS NEVES)
16 ALTO DOS CUBOS (TUI)
17 CASTRO DE SANTA TREGA (A GUARDA)
18 CASTRIÑO DE BENDOIRO (LALIN)
19 CASTRO DE PENALBA (CAMPOLAMEIRO
20 CASTRO DE TOIRIZ (SILLEDA)
21 CASTRO DE COPA DE CASTRO (SILLEDA)
22 CASTRODE PENA REDONDA (PONTECALDELAS)
23 CASTRO DE TORROSO (MOS)