Como chegar á Cabeciña


Unha zona de paisaxes incribles que non podes perder

A forma máis doada de chegar a Mougás dende prácticamente calquera punto de Galicia é a través da AP-9 en dirección Vigo.

1. Despois de pasar Vigo, coller o desvío que indica Baiona ata enlazar coa AG-57.
2. Percorrer toda a AG-57 ata a súa última saída iremos dar directamente a unha rotonda e colleremos a segunda saída:
3. Continuar recto pola estrada PO-552 Baiona – A Guarda
4. Ao pasar o Cámping O Muíño e o restaurante O Peñasco, atentos, estamos preto do desvío
5. Poucos metros despois collemos un desvío a man dereita no que veremos un cartel indicador do Albergue Aguncheiro
6. Poucos metros despois de pasar diante do Albergue Aguncheiro, collemos un desvío en costa ascendente á man dereita
7. Continuamos sempre ascendendo cruzando unha ponte por enriba da PO-552
8. Continuamos ascendendo e tras un par de curvas pechadas veremos as naves da granxa de coellos.
9. Recomendamos deixar o coche na explanada en fronte da granxa de coellos e camiñar 300m. ata A Cabeciña pola pista que sube

A través de Google Maps: