Mougás posúe unha paisaxe perfecta para a práctica destes deportes. A súa orografía permite tanto a realización de tranquilos paseos familiares como a práctica máis estrema de BTT con descenso de trialeiras.
Dende 2015 Mougás conta cun equipo propio de BTT que toma o nome do emblemático Castro da Cabeciña. O equipo representa á parroquia nas distintas quedadas e competicións que se organizan en Galicia e tamén organiza actividades relacionadas co mundo da bicicleta en Mougás.
Estas actividades van dende sinxelas marchas para os máis pequenos ata a organización en 2015 da primeira BTT Mougás
I BTT Mougás 2015 – 12/12/2015