Os principais medios da zona fanse eco da celebración da Festa da Cervexa da Cabeciña.

Noticia completa en Baionatv

Noticia completa en Infomiño

Noticia completa en Telemariñas

Noticia completa en Infogauda

2015-05-28 20.04.24

Dentro do programa de actividades culturais do Proxecto Mougás, o vindeiro sábado 6 de Xuño terá lugar a I Festa da Cervexa Artesá da Cabeciña. O evento terá lugar durante o día, a partires das 12:00 e ata as 19:00 no complexo arqueolóxico da Cabeciña. O obxectivo é “dinamizar a Cabeciña, dála a coñecer á xente ao tempo que demostramos que un castro tamén pode ser un espazo público no século XXI para a celebración de eventos culturais”. […] Ademais, ao día seguinte, domingo 7 de xuño, celébrase o Curro de Torroña, polo que resulta unha fin de semana intensa e chea de actividades. Unha ocasión única para achegarse a coñecer a zona.

Para a xente que veña de fóra, hai opcións de durmida ao pé do castro a prezos moi económicos tanto no Hotel Peñasco, Cámping O Muíño, Albergue Aguncheiro ou Cámping Mougás.

O aproveitamento da resina despega no sur de Galicia

 

Completa reportaxe no medio Campo Galego sobre asituación da resina en Galicia e a estratexia resineira da Comunidade de Montes de Mougás. Podes ler a noticia completa aquí

A comunidade de montes de Mougás, en Oia, está a impulsar o aproveitamento resineiro do monte, unha iniciativa pioneira na que tamén traballan outros montes veciñais. As medidas preventivas contra o nematodo do piñeiro lastran polo de agora a posta en marcha do proxecto.

Que o Proxecto Mougás é moito mais que arqueoloxía en Comunidade xa o deixamos claro abondo. Onte demos un pequeno pero importante primeiro paso na nova estratexia forestal deste proxecto.

Dita estratexia forestal pasa por comezar a cambiar o modelo produtivo do eucalipto cara outro tipo de especies frondosas, pero hai tamén un factor de crear espazos forestais públicos para deleite e lecer de veciños e visitantes.

Os novos espazos forestais a crear son basicamente dous, relacionados entre si e relacionados cos outros elementos arqueolóxicos, paisaxísticos ou etnográficos configurando un todo.

Continue Reading…

IMG_20150109_134404

Artigo publicado no suplemento El Comarcal de La Voz de Galicia. Consulta aquí o artigo completo:

La comunidad de montes de Mougás (Oia) lleva a cabo un proyecto integral que persigue poner a la zona en el mapa como un destino turístico hoy en gran medida desaprovechado. […] «Un intento de crear un nuevo tejido económico y cultural sostenible basado en el turismo y en la tradición».

A fase de campo de escavacións na Cabeciña toca o seu fin. Queda algún detalle por debuxar e algún traballo técnico por facer. Agora é tempo de mirar cara o futuro e pensar as seguintes actuacións. Que remate esta primeira fase valorativa non quere dicir nin moito menos que acaben os traballos.

S-3A UE-301 (2)

Inicio da ampliación da Sondaxe 03

Temos pensadas varias actividades en torno á Cabeciña como as visitas didácticas, as visitas guiadas gratuítas desta Semana Santa e outras que iremos comentando a medida que vaiamos pechando, iso si, anticipamos que haberá unha romaría moi cervexeira. Moitas cousas quedan por facer que vos van a sorprender e agardamos que a gustar. A Cabeciña non para.

Á espera do traballo de gabinete para facer un post conclusivo desta primeira fase de escavacións, queremos avanzar nesta entrega respostas a preguntas que quedaron lanzadas no anterior.

Continue Reading…

Os protagonistas do Proxecto Mougás son os mougaleses, é por iso que queremos ir presentándovolos pouco a pouco. Faremos unha serie de vídeos, nos que ademais de ir coñecendo aos veciños, iremos recuperando os costumes e tradicións de Mougás. Comezamos por Chencha, coa que Lupe Jiménez, a antropóloga do Proxecto Mougás, pasou unha agradable tarde facendo bolas da sartén.

DSC00033

Chencha na súa cociña, preparando as bolas da sartén

Sempre insistimos en que esta é tamén unha parte importante do proxecto, non só se trata de escavar un castro ou recuperar o sistema produtivo do monte senón tamén de poñer en valor as formas de vida tradicionais e a adaptación dos habitantes de Mougás a través do tempo á súa paisaxe.

No interior do artigo tes o vídeo facendo as bolas con Chencha

Continue Reading…